Adherirse aos Principios
A adhesión é un compromiso público de practicar os sete principios. É gratuíta, renóvase cada ano e dá dereito a usar o selo.
A túa adhesión
Antes de adherirte
«Adherirse non cambia nada».
Cambia dúas cousas. Faslo público, e comprométeste a pedirlles ás persoas que diriges que che digan cando non o cumpres. Esa segunda parte é a que o converte nun compromiso de verdade.
«Non sei se cumpro os principios. Non me atrevo».
Ninguén os cumpre sempre. A adhesión compromete a practicalos e a escoitar cando fallas, e para empezar tes a autoavaliación das vinte condutas, que non garda nin envía nada. Facer a autoavaliación
«Canto custa?».
Nada. Nin a adhesión, nin o selo, nin a renovación, que se fai unha vez ao ano e che lembramos por correo.
«Que facedes cos meus datos?».
Usámolos para xestionar a túa adhesión, enviarche o teu número e o selo, e lembrarche a renovación. O teu nome só sae na lista se o marcas. Non che enviamos publicidade nin os cedemos a ninguén. Privacidade
«E se cambio de opinión?».
Dáste de baixa cando queiras respondendo ao correo de confirmación. O teu nome sae da lista e o teu número non se lle dá a ninguén máis.
«Por que non vexo quen se adheriu?».
Porque a lista publícase enteira o luns 30 de novembro de 2026. Ata entón as adhesións recíbense e numéranse por orde de chegada, un número que non cambia nunca, e ese día saen todas á vez. Quen se adheriu